Rianxo aposta pola adxudicación directa dos postos do mercado

RIANXO> O executivo rianxeiro seguirá a apostar pola dinamización do mercado municipal que, na actualidade, conta con seis postos baleiros. Tras quedar deserta a convocatoria para a súa licitación, o concello optou pola adxudicación directa. Calquera emprendedor interesado en instalar o seu negocio na praza de abastos de Rianxo pode optar a un local pola vía de adxudicación directa. Paralelamente, o concello segue a desenvolver campañas de dinamización do mercado que, a pesar do importante investimento realizado, non acaba de consolidarse como punto de referencia.