RIBEIRA> A empresa ribeirense Relento, responsable do restaurante Benboa de Corrubedo, vén de recibir unha subvención de oitenta mil euros destinadas á innovación. Trátase dunha das corenta e nove firmas que resultaron seleccionadas no marco da convocatoria de axudas convocada pola Consellería de Economía e Industria. A empresa Relento, máis coñecida polo nome comercial Benboa, vén de recibir unha axuda de oitenta mil euros para a posta en marcha do departamento de innovación. Ademais do restaurante emprazado en Corrubedo, o Benboa ofrece un servizo de venda de peixe e marisco fresco así como unha gama de precociñados. Precisamente, grazas a esta subvención, poderán avanzar na mellora desta liña de produtos a través dun acordo de colaboración con ANFACO para conseguir unha maior calidade sensorial. A firma traballa tamén na apertura de novos mercados a nivel internacional posto que na actualidade o maior segmento de público concéntrase en grandes cidades do noso país.
Inicio BARBANZA