O número de ingresos en Santiago-Barbanza cae ós 72 pacientes

BARBANZA> O falecemento dunha muller de oitenta e sete anos esta pasada fin de semana eleva o número de mortes no Hospital da Barbanza a cinco. Aínda así os datos do último balance aportado dende a consellería de Sanidade referido a área Santiago Barbanza son bastante positivos, xa que o número de ingresos veuse reducido ós 72 pacientes. Dese total 53 atópanse en hospitalización convencional, catro deles no Hospital da Barbanza; e tan só nove en unidades de coidados críticos. A cifra de curados experimenta tamén un incremento notable, situándose preto dos mil, en concreto 957, e o número de PCR realizadas ata o de agora supera xa as quince mil.