BOIRO> No apartado de sucesos falámoslle do afundimento dunha embarcación durante esta madrugada no porto de Escarabote, en Boiro. Tratábase dun barco pequeno, de aproximadamente dez metros de eslora, que permanecía atracado na dársena amarrado a outras embarcación.
Foron os usuarios do porto os que deron aviso a Protección Civil a primeira hora da mañá. Varios efectivos do corpo de emerxencias desprazáronse ata a zona para comprobar o estado do barco e deron aviso ó 112 quen comunicou a incidencia a Salvamento Marítimo para a adopción de medidas ante posibles derrames de combustible, no caso de ser necesario.
Polo momento, descoñécense as causas que provocaron o sinistro que está a ser investigado, aínda que todo apunta a unha vía de auga como causa do afundimento.