RIBEIRA> A saltadora, medalla de bronce en triple salto nos Mundiais de pista cuberta celebrados recentemente en Birminghan, foi recibida no Concello. No acto ademais das autoridades locais, tomaron parte tamén a Secretaria Xeral para o Deporte, Marta Míguez, e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos. despois de acadar a medalla de bronce nos pasados Mundiais de pista cuberta celebrados en Birminghan, Ana Peleteiro, recibía en Ribeira unha multitudinaria homenaxe. Acompañada de seus pais e visiblemente emocionada a saltadora recibía o cariño de numerosas persoas que non quixeron perderse o acto e acudiron en masa ata a praza do Concello. Dende o balcón da casa consistorial agradeceu o apoio recibido, en especial ós seus pais e ós seus adestradores, deixando ademais unha mensaxe de superación…No acto a atleta recibiu tamén os parabéns tanto da Secretaria Xeral para o Deporte, Marta Míguez, coma do presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, que quixeron estar presentes tamén na homenaxe arroupándoa. Posteriormente a atleta foi convidada a asinar no Libro de Honra do Concello e non dubidou tamén en asinar multitude de autógrafos e fotografarse con todos aqueles veciños que llo pediron.
Inicio BARBANZA