Vilagarcía contará con máis presenza policial antes do verán

Vilagarcía>  A Subdelegada do Goberno en Pontevedra recibiu hoxe no seu despacho ao alcalde de Vilagarcía. O obxectivo analizar a taxa de criminalidade deste concello. Ana Ortiz e Alberto Varela deixaron claro que Vilagarcía é unha cidade segura, e que os datos desa porcentaxe elevada débense a diversas  infraccións administrativas.

Reunión de máis dunha hora na Subdegelación do Goberno, nela estiveron presentes o comisario de Pontevedra, a subdelegada e o alcalde de Vilagarcía. Un encontro organizado co fin de deixar claro os altos índices de criminalidade que lle daban a este concello do Salnés. Uns datos elevados que se deben a infraccións administrativas. Ana Ortiz quixo deixar claro esta mañá que o índice de criminalidade en delitos graves, baixou en Vilagarcía.

O alcalde, Alberto Varela, tamén quixo salientar a seguridade e calidade de vida que posúe o seu concello.

Unha oportunidade onde Alberto Varela aproveitou para pedir máis seguridade para o seu concello.

Ao que a subdelegada dixo que para antes deste verán entre os alumnos en prácticas e a bolsa de horas facilitada pola comisaría, Vilagarcía contará cunha maior presenza da Policía Nacional de cara á época estival.