Vilaxoán mobilízase para que se reabra o seu centro médico

VILAXOÁN> Mobilizacións en Vilaxoán e Meis para que o Sergas reabra os seus centros médicos. Dende a asociación de veciños de Vilaxoán demandan que moita xente maior depende desa atención primaria. Contan co apoio dos partidos políticos da vila para levar unha moción ao parlamento.

O Sergas non reabrirá os centros médicos de Vilaxoán e Paradela por non adaptarse ás medidas sanitarias. Unha situación que non é nova en ambas instalacións e pola que os veciños xa están fartos. Dende Vilaxoán comezaron a mobilizarse para esixirlle a Consellería de Sanidade que volva a súa doutora.

A veciñanza de Vilaxoán para poder ser atendida ten que desprazarse a Vilagarcía. Dende a asociación denuncia que se está abandonando a máis de 500 persoas dependentes.

Dende a asociación matizan que a atención primaria é unha necesidade para Vilaxoán. Piden á consellería que reabra o seu centro médico.

Os partidos políticos de Vilagarcía mostraron o seu apoio a Vilaxoán. O Psoe levará ao parlamento galego unha proposta para que se reabran os centros médicos. Pola súa banda, o pp da vila intentará reunirse coa consellería de sanidade.

Dende a Asociación agardan que se cumpra a súa solicitude e que cando remate a crise sanitaria a súa situación volva á normalidade, co centro médico aberto todos os días. De non ser así aseguran que comezarán a mobilizarse. Na mesa situación atópase o centro médico de Paradela. Dende o BNG de Meis xa convocaron para mañá unha concentración diante das instalacións ás 18:00 horas.