A Asociación de Hosteis da Boa Vila presenta dous percorridos guiados por audio-guías

Pontevedra>  A Asociación de Hoteis en Pontevedra presentou dous novos percorridos turísticos pola cidade guiados por unha audio-guía para teléfonos móbiles. Unha aplicación que terá un custe de 0,90 e que nos achegará aos mitos e lendas máis coñecidos da capital de provincia.

“Secretos de Pontevedra” e “Prazas de Pontevedra”, estes son os nomes de sendas rutas que os turistas que visiten Pontevedra poden realizar dende xa polo casco vello da cidade coa axuda dunha nova aplicación nos seus teléfonos móbil. A aplicación funciona como un audio-guía a través do cal o usuario pode coñecer e vivir unha historia en cada unha das paradas que propón.

Unhas audio-guías que son promovidas pola Asociación de Hoteis de Pontevedra co apoio de ENCE. Unha iniciativa que está vencellada á plataforma SOUNDWALKRES, e Pontevedra convertese así como o primeiro destino europeo da plataforma.

O custe desta app será de 0.90 e para baixala o interesado deberá de descargar a aplicación SOUNWALKRS no seu móbil e unha vez dentro seleccionar Pontevedra. A partir de aí, poderán elixir un percorrido polas prazas do Casco Vello ou outro centrado na zona histórica e nos tesouros do pirata Benito Soto. O guión das audio_guías foi escrita pola pontevedresa Milagros Bará.