A veciñanza da Illa vístese coas súas mellores galas para festexar o Patrón

A ILLA> As festas remataron na maioría dos concellos pero continúan na illa da Arousa. Os insulares celebran hoxe unha das datas máis importantes da vila, o San Xulián. O patrón da Illa comezou coa misa esta mañá e non rematará ata altas horas da madrugada.

Traxes, vestidos, zapatos, gravatas… A veciñanza da Illa de Arousa luciu hoxe as súas mellores galas para celebrar o San Xulián, un dos días máis importantes da vila. Dende primeira hora da mañá, centos de persoas votáronse as rúas da Illa para festexar o Patrón.

Un día especial para os insulares no que gozan dende os máis nenos ata os máis maiores.

O viño, a tradición pero sobre todo a veciñanza da Illa é o que fai grande esta festa.

A festa comezou coa misa solemne e a procesión. Continuo con festa nas rúas, a comida coa familia e amigos e de novo festas nas rúas. Pecharase coas orquestras e ata altas horas da madrugada

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí