Opmega acada o primeiro recoñecemento de España como oganización de produtores transnacional

VILANOVA> Opmega é recoñecida como a primeira organización de España de produtores transnacional. O recoñecemento dáse ao incluír dentro da organización unha instalación acuícola de Portugal. Opmega celebrou a distinción organizando a iniciativa “Bateas abertas”, un proxecto para mostrar o traballo que se realiza nas bateas.

A organización de produtores de mexillón de Galicia, Opmega, recibiu o recoñecemento de organización de ámbito transnacional. A distinción publicada no BOE, entrega a Opmega este recoñecemento ao contar entre os seus socios cunha instalación acuícola de Portugal, converténdose así na primeira organización de España con este recoñecemento. Dende Opmega celebraron a distinción realizando a iniciativa Bateas Abertas. Unha xornada para mostrar o traballo nas bateas.

Na xornada, os visitantes puideron ver numerosas das tarefas que realizan os bateeiros tanto nas bateas como en terra.

A xornada tamén sirve para buscar a máis xente que queira traballar no mexillón e dar así relevo xeracional as persoas que xa se están xubilando.

A xornada celebrouse nun momento no que está comezando unha das campañas máis importantes dos bateeiros como é a do verán. Dende Opmega sinalan que aínda é cedo para falar dunha previsión pero que son moi optimistas e agardan unha boa produción.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí