Un accidente en Padrón deixa un falecido e unha ferida grave

PADRÓN> Un accidente grave ocorrido esta madrugada en Padrón deixa un falecido e unha ferida grave. O sinistro tiña lugar no lugar da Escravitude, na estrada nacional 550. Por causas polo de agora descoñecidas, un dos vehículos invadiu o carril contrario colidindo frontalmente contra outro, resultando falecido o condutor dun dos turismos e dúas feridas, a ocupante e a condutora do outro, esta última de gravidade. A vítima, con iniciais J.L.B., ten corenta e dous anos e e é veciño de Pontecesures. Debido á aparatosidade do accidente, ata o lugar desprazáronse numerosos efectivos de emerxencia. Ademais a estrada permaneceu pechada durante varias horas, habilitándose un paso alternativo, mentres se atendía ás vítimas e se procedía posteriormente á retirada dos vehículos e á limpeza da vía.