Bo ritmo de vendas para o sorteo do Neno

NOIA> Bo ritmo de vendas para o sorteo do Neno. Aínda que non alcanza o nivel da de Nadal, a lotaría de Reis segue a ser un clásico destas datas. Son poucos os que se resisten a xogar, aínda que sexa só un décimo.

Esta mañá era orbigado gardar cola en case tódalas administracións de lotaría que visitamos. e aínda que non todos agardaban para comprar lotaría do Neno, o certo é que as vendas para o sorteo de Reis están indo mellor do esperado.

Segue sen ter o tirón da lotaría de Nadal pero a tradición do Neno ten moitos adeptos. Entre eles, aqueles que confían en que a sorte lles sorría neste comezo de ano despois de que a fortuna pasase de longo no sorteo de decembro .

De ser os afortunados coa chuvia de millóns, algúns xa teñen claro a que destinarían o premio.

Toque ou non toque, o importante é seguir mantendo a ilusión desexando que os Reis Magos nos agasallen cun decimo premiado.