Desconvocada a folga do lixo en Ribeira tras un principio de acordo entre traballadores e Urbaser

RIBEIRA> Desconvocada a folga de limpeza e recollida do lixo en Ribeira. Os representantes dos traballadores e da empresa concesionaria do servizo, Urbaser, chegaron a un preacordo que permitiu desbloquear as negociacións.

Fixéronno in extremis, ó redor das sete desta mañá, acordando unha suba salarial dun 2 por cento e unha paga non consolidade de 600 euros fronte ó 1 por cento e os 400 euros de paga que ofrecía a empresa.

Desaparece así, polo momento,  a ameaza do paro nun momento crítico como é a festa da Dorna pola gran afluencia de visitantes ó municipio que se traduce en maior produción de residuos así como máis necesidade de limpeza viaria.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí