BOIRO> A actividade presentada no Concello desenvolverase do 25 ó 30 de xuño. Por sexto verán consecutivo o Obradoiro CAB volve a elixir a comarca do Barbanza e en concreto Boiro para a celebración do seu campus de baloncesto, o único que celebrará o club compostelán en toda Galicia. A actividade desenvolverase do 25 ó 30 de xuño e irá dirixida a rapaces de entre os 6 e os 18 anos. A celebración deste campus en Boiro é posible grazas á colaboración do Club Baloncesto Santa Baia e tamén ó patrocinio de numerosas empresas, entre elas a conserveira Jealsa-Rianxeira, que volve a implicarse de xeito importante con esta actividade. Dende o Concello destacaron a importancia de poder acoller novamente esta actividade de promoción do deporte base. As inscrición xa están abertas, podéndose realizar ata o próximo 31 de maio. Para máis información os interesados poden consultar a páxina web www.obradoirocab.com. O prezo do campus irá dende os 100 ós 175 euros, con varios prezos e opcións de desconto para os participantes.
Inicio BARBANZA