RIANXO> As confrarías de Arousa pechan o ano con serias dificultades ante a caída prolongada da actividade marisqueira. No caso de Rianxo, o ERTE finaliza a día 31 e dende a directiva xa barallan medidas para paliar a difícil situación económica que afrontan.
Os principais ingresos da confraría de Rianxo proveñen das vendas do marisqueo, que supoñen o 80 por cento da actividade deste pósito. coa produción en caída libre, a merma de ingresos levou a tomar medidas como un Expediente de Regulación Temporal de Emprego que finaliza a día 31.
A confraría conta actualmente con 11 traballadores, con seis deles subvencionados case na súa totalidade. Pola contra, os postos de secretaría, administrativo e persoal de lonxa dependen exclusivamente do pósito polo que o seu mantemento depende dos ingresos.











