Política Social inviste preto dos 300 mil euros na mellora do centro sociocomunitario da Pobra

POBRA> Os usuarios do centro sociocomunitario da Pobra disfrutan xa dunhas instalacións totalmente renovadas despois da reforma realizada nos últimos meses.

Na mellora, a consellería de Política Social investiu preto dos 300 mil euros. As obras permitiron a  substitución de toda a carpintería exterior e o lucernario central, así como o reforzo das fiestras que contribúe a un mellor illamento do inmoble.

Pero esta non foi a única mellora levada a cabo nas instalacións nos últimos anos. Con anterioridade realizouse tamén a renovación do sistema de climatización.

Toda unha serie de melloras realizadas cun único obxectivo: incrementar a confortabilidade dos numerosos usuarios do centro.

Dende a dirección destacaron a importancia destas obras, agradecendo investimento realizado por parte da Xunta…pero non queda só niso, pois aínda teñen novas solicitudes…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí