O executivo ribeirense aproba ‘in extremis’ os orzamentos

RIBEIRA> O Partido Popular foi quen de sacar adiante o documento orzamentario grazas ós apoios de IPdeR e ó voto de calidade do alcalde. Cidadáns abstívose, e BNG, PSOE e os tres edís do grupo de non adscritos votaron en contra. Tal e como se prevía, o executivo ribeirense tivo serias dificultades para aprobar inicialmente os orzamentos municipais para o presente ano. Na votación deuse un empate técnico. Dez a favoz: PP e IPdeR; e dez en contra: BNG e PSOE e tamén os tres edís do grupo d enon adscritos, coa abstención de Cidadáns. Só o voto de calidade do alcalde, Manuel Ruíz, salvou ‘in extremis’ o documento orzamentario que ascende no seu total a  preto dos 23 millóns de euros. Tanto o BNG coma o Partido Socialista foron as voces máis críticas co equipo de goberno. Segundo eles trátase duns orzamentos baseados na falla de incumprimentos e feitos á medida do Partido Popular. Uns argumentos esgrimidos que non gustaron nin ó rexedor nin á voceira popular, Herminia Pouso.