Ferido grave un conductor ó envorcar o seu turismo en Rianxo

RIANXO> O accidente acontecía pasadas as dúas da tarde na estrada comarcal AC-305, á altura do lugar do Outeiro, na parroquia rianxeira de Taragoña. No sinistro tan só se veu implicado un turismo que envorcou, por causas que aínda se descoñecen, resultando ferido o seu conductor, un veciño da localidade duns cincuenta anos de idade. Dada a gravidade das lesións tivo que ser trasladado en helicóptero ata o hospital clínico de Santiago. Ata o lugar do accidente desprazáronse tamén efectivos da Policía Local e Protección Civil de Rianxo así como varias dotacións de bombeiros de Boiro que colaboraron no operativo e axudaron a retirar o vehículo que quedou no medio da calzada, obrigando ó corte temporal da circulación.