BARBANZA> A reconstrución e a simulación virtual da traxectoria realizada polo autor confeso da morte de Diana Quer podería concretarse en breve. Afeccionado ás carreiras populares. De confirmarse as imputacións, ó estar acusado dun delito de homicidio ou asasinato, detención ilegal e contra a liberdade sexual, todo apunta a que José Enrique Abuín, o ‘Chicle’, tardará en dispulatas. As imaxes que están a ver correspóndense cunha das últimas carreiras populares nas que tomou parte. Foi na Clásica do Albariño Viña Almirante 2016 en Cambados. Na proba mesmo chegou a subir ó podio, na categoría de Veteráns, acompañando a outros dous membros do Club Atletismo Moraña, entidade deportiva coa que participaba na carreira. Na actualidade agarda na prisión pontevedresa da Lama a que a autoridade xudicial e a Garda Civil determinen a data da reconstrucción. Un trámite que podería concretarse en breve e que explica as razóns do non ó seu traslado a outro penal de fóra de Galicia, a pesar de que xa lle fora autorizado. Ademais da reconstrucción, o Xulgado realizará tamén unha simulación virtual da traxectoria que realizou o ‘Chicle’ o día da desaparición da moza madrileña.
Inicio BARBANZA