BOIRO> O accidente tiña lugar ó redor das nove desta mañá, na autovía do Barbanza, á altura de Boiro, na saída de Espiñeira, en dirección Padrón, e nel víronse implicados dous vehículos, un deles dunha autoescola da Pobra.
Foi unha colisión por alcance no que resultaron feridas catro persoas, a maioría delas de escasa consideración.
O 112 mobilizou un amplo dispositivo de emerxencias. Ademais de efectivos do parque de bombeiros de Boiro, Policía Local e Garda Civil, interveu tamén ó helicóptero medicalizado que trasladou a un dos feridos ata o Complexo Universitario de Santiago, aínda que o seu estado non parecía grave.
A consecuencia do accidente foi necesario regular a circulación na zona, ó quedar obstaculizado un dos carrís. Despois da retirada dos vehículos implicados e a limpeza da vía, na que tamén traballou o persoal de mantemento da propia autovía, procedeuse de novo a abrir a circulación con normalidade.