Boiro incrementará nun 30% as subvencións deportivas

BOIRO> A proposta será levada ó pleno de mañá xoves para a súa aprobación.

Tres serán novamente as liñas de subvención para este ano. Por unha banda, as de gasto corrente e participación en probas deportivas ou para a organización de eventos; as destinadas ó deporte adaptado, ás que este ano se dedica unha partida orzamentaria para financiar a aqueles deportistas ou clubs que participan en competicións de deporte adaptado; e por último as axudas nominativas para o financiamento de melloras e mantemento de instalacións deportivas para aqueles clubs que dispoñen de instalacións propias e non fan uso das municipais.

Este ano teranse en conta tamén varias necesidades excepcionais como é o caso dunha embarcación para o Club de Remo, un barco dragón para o Club de Piragüismo ou a compra dunha bicicleta adaptada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí