Palmeira repartirá esta fin de semana unha tonelada de polbo

RIBEIRA> A parroquia ribeirense de Palmeira converterase esta fin de semana en capital do polbo coa celebración da undécima exaltación do cefalópodo. Ademais da degustación gastronómica haberá animación musical a cargo de grupos tradicionais e diversos concertos.

No seu calendario de citas gastronómicas, o concello de Ribeira exaltará esta fin de semana outro dos seus produtos estrela: o polbo. Poderá degustarse tanto o sábado como o domingo no porto de Palmeira, onde se agarda repartir preto dunha tonelada do cefalópodo de excelente calidade.

Ademais da degustación gastronómica, a festa estará amenixada pola charanag os Atrevidos e os gaiteiros de Arume. Haberá tamén concertos tanto en sesión vermú como pola noite a cargo dos grupos Open Drink, Chiña, Dripeers e SoundSets.

Dende o concello animaron a veciños e visitantes a disfutar desta festa na que poderán apreciar un dos mellores produtos do noso mar a prezos populares. Sinalaron ademais que se reforzará o servizo de limpeza na zona.