A Deputación da Coruña saca a licitación as  obras de ampliación da estrada de Cespón a Vidres

BOIRO> A actuación conta cun orzamento de 782 mil euros. O proxecto que xa saíu publicado no Boletín  Oficial da Provincia inclúe a ampliación da plataforma ata os seis metros de ancho, a dotación de beiravías e a mellora do trazado, de ó redor duns dous quilómetros de lonxitude. A actuación prevé ademais suavizar algunas das curvas existentes no vial, o que redundará tamén na mellora da seguridade e axudará a darlle maior fluidez ó tráfico que circula por el. O presuposto que o organismo provincial destina a esta obra ascende a uns 782 mil euros. Importe ós que haberá que sumarlle tamén os máis de 142 mil euros destinados ó pago das 208 expropiacións que foron necesarias para a execución dos traballos. As empresas interesadas en participar no proceso de licitación poden presentar xa as súas ofertas durante os vindeiros 26 días. Os traballos terán un prazo de execución de 10 meses a partir do inicio das obras.