O colexio de Baión recibe o seu segundo premio por unha iniciativa sobre cooperativismo no ensino

VILANOVA>  O Colexio de Sestelo Baión recibiu hoxe o seu segundo premio pola iniciativa de cooperativismo no ensino que se impulsa no centro. Este ano, os nenos déronlle continuidade ó proxecto do curso pasado, incorporándolle aplicacións tecnolóxicas

Neste pentágono do colexio de Sestelo Baión agóchase un auténtico universo tecnolóxico. A iniciativa estreouse con premio da Xunta o ano pasado, galardón que volveron recoller esta mañá, tras darlle continuidade á iniciativa.  O mérito é dos rapaces de 2º de primaria, encargados de incorporarlle ó proxecto aplicacións tecnolóxicas que representen valores do cooperativismo no ensino. A base do proxecto está nas “terras raras”.

O seu pentágono divídese en cinco escenarios distintos, dende a súa propia aula a un centro de aeronaútica. O esforzo dos rapaces culminou esta mañá coa entrega do diploma que acredita o seu premio. Despois do acto oficial, os nenos puideron gozar dunha actuación teatral, coa que o centro puxo o broche de ouro á experiencia de cooperación deste curso.