Presentada a sexta edición da Carreira Popular Concello de Rianxo

RIANXO> A proba, incluída no Circuíto de Carreiras Arousa Norte e no Circuíto de Carreiras da Deputación da Coruña, desenvolverase o próximo xoves 1 de novembro.

Rianxo acollerá o próximo xoves 1 de novembro, festividade de Tódolos Santos, a súa carreira popular. A proba que chega este ano á súa sexta edición está organizada polo Concello, en colaboración con outras entidades entre as que se atopa o Club Atletismo Rianxo.

Como vén sendo habitual estará integrada no Circuíto de Carreiras Arousa Norte e no Circuíto de Carreiras da Deputación da Coruña. Na proba agárdase unha participación dunhas mil persoas, sumando tódalas categorías.

As inscricións continúan abertas ata o próximo luns 29 de outubro a través das webs de emesports e carreirasgalegas.

A carreira terá tamén este ano un carácter solidario xa que se instalará unha mesa para recadar fondos para a Asociación Galega de Heteroplaxia Ósea Progresiva.