RIBEIRA> Asistimos hoxe á demostración gastronómica realizada na lonxa de Ribeira polos alumnos do obradoiro de cociña ‘O Pote’. A demostración tiña como base os produtos da rula ribeirense e o público asistente, unha representación da hostalería local.
Lombos de xurelo con costra de noz e olivas, hamburguesa de lirio ou tataki de cabala…estes só foron algúns dos pratos cociñados esta mañá na lonxa ribeirense polos alumnos do obradoiro de cociña O Pote. A actividade tiña unha dobre finalidade, por unha banda realizar unha exaltación gastronómica dos produtos do mar , que foron achegados pola propia rula, e por outra, dar a coñecer a aprendizaxe dos alumnos ó longo das clases.
Coma público convidado unha ampla representación do sector hostaleiro, tanto da localidade como da comarca, así como tamén empresas vinculadas a este sector. Eles foron os encargados de desgustar tódolos pratos elaborados con gran mestría polos alumnos do obradoiro.
O bo resultado da iniciativa é evidente, polo que o Concello xa anunciou que ten marcha o proceso selectivo para desenvolver un novo obradoiro de emprego de cociña co que seguir incidindo na formación en materia gastronómica no municipio. Denominarase O Pote 2 e contará con quince prazas.
–inserto
Tamén estivo implicado na iniciativa o selo autonómico PescadeRías e a adega Pazo do Mar.