Ana Pontón: ‘A moción de censura non freará o ascenso do BNG’

RIBEIRA> O BNG insiste en criticar, ó que o seu xuízo é unha manobra ‘bochornosa’ do Partido Popular para facerse coa alcaldía de Ribeira, co apoio de catro edís do PBBI. A voceira nacional, Ana Pontón, afirmou que a moción de censura non vai frear o ascenso do BNG.

Pontón cualificou de ‘bochornosa’ a moción de censura presentada polo PP en Ribeira. Segundo ela responde a intereses escuros, cunha motivación clara, apartar ó BNG da alcaldía, despois de algo máis de dous anos de boa xestión e traballo.