RIBEIRA/POBRA> En vista do progresivo incremento de contaxios que está a padecer Ribeira, o Concello anuncia que reprogramará as súas actividades lúdicas para as próximas semanas e en especial para as datas nas que tradicionalmente cadran as súas festas de verán, na primeira semana de agosto.
O executivo ribeirense comunicou hoxe que reprogramará as súas actividades festivas e culturais para as próximas semanas debido ó incremento de contaxios.
Fontes municipais informaron de que non producirse un drástico descenso de casos nos próximos días, vanse aprazar gran parte das actividades inicialmente previstas polo Concello á espera de que unha melloría na situación epidemiolóxica permita a súa celebración con maiores garantías.
Unha decisión que xa tomou o executivo pobrense a semana pasada, e que xa anunciou que continuará ata que non se produza unha baixada importante nos contaxios.
O rexedor pobrense confía en que a situación, aínda que preocupante, non implique unha suba de nivel de restricións, á espera da decisión do comité clínico que se reunirá mañá martes.