Ribeira presenta as actividades do Maio Cultural 2025

RIBEIRA> Ribeira presentou as actividades do Maio Cultural 2025. Como en edicións anteriores o programa contará cunha gran variedade de propostas: contacontos , concertos, conferencias , roteiros musicais e outras actividades que se desenvolverán en diferentes espazos tanto do casco urbano, como das diferentes parroquias.

Unha das actividades máis destacadas será novamente o concurso escolar das Letras galegas, ó que, dende o Concello, convidan a participar.

Outras das actividades a destacar no programa do Maio Cultural serán o Brúon Folk Fest en Artes, o 9-10, o monológo “Chungo” de Luis Zahera o día 11 ou o concerto de Mercedes Peón o día 16.

Para máis información todo o programa poderá consultarse na web do concello de Ribeira ou a través das redes sociais de cultura.