POBRA> Unha semana despois do previsto debido ó seu aprazamento polo mal tempo, o concello da Pobra do Caramiñal puxo fin esta pasada fin de semana ás Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán que este ano ademais cumprían o seu vinte e cinco aniversario.
A praza do Cantón da Leña volveu a ser o escenario da tradicional ofrenda cívica a carón da escultura ó escritor baixo os acordes do himno galego. Un acto que contou coa asistencia ademais das autoridades locais e veciñanza en xeral, do director xeral da Cultura, Anxo Lorenzo.
Aproveitouse o acto para proceder tamén á inauguración dunha exposición da na sala de iconografía do museo Valle-Inclán, baixo o título ‘Locus amoenus’.
Componse de obxectos persoais do escritor, da colección do propio neto Xaquín del Valle-Inclán Alsina. Entre outras curiosidades está integrada por contidos orixinais únicos como é o caso dun ‘bureau’, varios bastóns, tarxetas, uns botíns e ata un chapeu, entre outros obxectos.