O BNG da Barbanza esixe a rebaixa do IVE da luz e unha tarifa eléctrica galega

BARBANZA> Os nacionalistas presentarán mocións en tódolos concellos da zona para acadar o respaldo das respectivas corporacións.

O BNG da Barbanza volve a poñer o acento na suba de luz en Galicia, que coa nova tarifa pasará a ter os prezos máis altos do Estado, a pesar de ser unha das comunidades máis produtoras de enerxía. Os nacionalistas presentarán nos concellos da comarca mocións tipo, a través das cales instarán á Xunta a demandar do Goberno Central unha rebaixa do IVE da electricidade, para que pase do 21 ó 4 %, e que se regule una tarifa eléctrica galega máis baixa, como a que disfrutan no País Vasco.

Para o BNG unha tarifa eléctrica galega abarataría o prezo final da enerxía na comunidade e axudaría a democratizar o acceso á enerxía para todas as persoas, contribuindo así tamén a asentar o tecido industrial e económico en Galicia.