Nova vaga de roubos na Pobra

POBRA> Esta pasada madrugada os ladróns entraban no bar London, situado na rúa Fernández Varela, de onde levaron ó redor duns trescentos euros. Os amigos do alleo volveron actuar esta pasada noite na Pobra. Nas últimas semanas aumentaron significativamente o número deste tipo de actos delitivos, tanto en negocios como tamén en vivendas. O último producíase esta pasada madrugada no Bar London, na céntrica rúa Fernández Varela. Os ladróns entraron no establecemento despois de romper o cristal da porta da entrada cunha pedra de grandes dimensións. Unha vez no interior foron a pola caixa rexistradora, na que había ó redor duns trescentos euros. Esta situación está a provocar tamén unha certa alarma na vila, polo que os empresarios e hostaleiros, e tamén veciños en xeral, que piden o incremento da vixilancia para evitar este tipo de sucesos. Policía Local e Garda Civil investigan xa a posible autoría destes roubos. Segundo as primeiras hipóteses todo parece indicar que se trata da mesma persoa, na maioría dos casos reicidente.