Novo golpe ó tráfico de drogas a pequena escala en Barbanza

BARBANZA> Novo golpe contra o tráfico de drogas a pequena escala no Barbanza.

Ata un total de tres operativos distintos levados a cabo pola Garda Civil de Boiro permitiu a detención de catro persoas e a investigación doutra.

Todos eles vellos coñecidos das forzas da orde por delitos similares.

Nun destes operativos os axentes do Instituto Armado sorprenderon a un dos prendidos en plena acción de venta de cocaína. Interviñéronlle dúas doses desta droga e diverso diñeiro en efectivo.

Noutro dos operativos levado a cabo en Rianxo os axentes conseguiron facerse tamén con 50 doses de cocaína, unha de heroína e unha cantidade significativa de diñeiro en efectivo.

No último dos operativos, a Garda Civil logrou tamén intervir unha gran cantidade de haxíx e marihuana.

Fontes do Instituto Armado destacaron tamén a importancia da colaboración cidadá, destacando a vitalidade das canles de comunicación establecidos para unha labor máis efectiva na loita contra o tráfico de drogas na comarca.