O campo de voluntariado de AMICOS conxuga inclusión e coidado do medio ambiente

RIBEIRA> AMICOS participa na campaña de Verán de Voluntariado da Xunta a través dun campo medioambiental que se desenvolve na comarca ó longo desta primeira quincena de xullo.  Voluntarios procedentes de varios puntos de España colaboran con esta iniciativa que conxuga inclusión e conservación medioambiental.

14 mozos e 4 técnicos participan dende o pasado día 4 no Campo de Voluntariado Medioambiental organizado por AMICOS no marco da campaña de verán promovido pola Dirección Xeral de Mocidade da Xunta.

Esta mañá disfrutaron dunha xornada de lecer do piñeiral da Corna onde xa desenvolveron diversas actuacións tanto de retirada de vexetación como de limpeza de praias, non só nesta contorna senón tamén noutros espazos naturais da zona.

A experiencia está a ser do máis enriquecedora para tódolos participantes que valoraron moi positivamente estes días de convivencia e de traballo en favor do medio ambiente.

Dende a Xunta de Galicia seguirán a apostar por este programa que xa leva catro edicións.  Este verán desenvolveranse na comunidades autónomo 45 campos de voluntariado, convertendo a Galicia na comunidade autónoma con máis iniciativas deste tipo.