A VIII Edición dos Premios Mágnum do Viño Galego celebraranse en Vilagarcía

VILAGARCÍA> Vilagarcía foi a vila escollida para celebrar o vindeiro 25 de novembro a VIII Edición dos Premios Magnum do Viño Galego. Uns galardóns que serven como recoñecemento aos traballos e profesionais máis destacados do sector do viño en Galicia. Ademais os asistentes tamén poderán visitar a II Feira Independente do Viño Castes.
Alberto Varela, e o director do Instituto Galego do Viño, Xoán Cannas, presentaron este venres a VIII Edición dos Premios Magnum do Viño Galego, que este ano se outorgarán na capital arousá. A gala de entrega celebrarase o vindeiro domingo, día 25 de novembro ás 13:30 horas, dentro da Feira Independente do Viño Castes, na Praza de Abastos de Vilagarcía.

O xurado concede estes galardóns en oito categorías entre as que se atopa o Magnum Honorífico que se lle concede a unha destacada personalidade pola súa contribución en prol do viño galego. Como novidade, nesta edición dos Premios Magnum incorpórase un novo galardón: o Magnum ao Mellor Tratamento do Viño Galego fora de Galicia.

Nomes coñecidos da contorna como: Os xoves de Códax, Pazo de Rubianes ou Videafest, entre outros optan por alzarse co máximo recoñecemento nas súas respectivas categorías. O alcalde de Vilagarcía recoñeceu a importancia da celebración de eventos como este na vila.

A entrada será libre ata completar aforo e celebrarase na Praza de Abastos de Vilagarcía o vindeiro 25 de novembro ás 13:30, e non será ata as 17:00 cando abra a II Feira Independente do Viño Castes.