RIBEIRA> A Conselleira do Mar visitou á lonxa de Aguiño para coñecer o resultado das melloras que se veñen de executar. Alí, Rosa Quintana anunciou a próxima convocatoria dun fondo de axudas próximo ós sete millóns e medio de euros para mellorar o equipamento de portos e lonxas.
Estas axudas, cofinanciadas polo Fondo europeo Marítimo e de Pesca, teñen por obxectivo optimizar o funcionamento de portos, lonxas e lugares de desembarque dos produtos do mar. Permitirán asumir actuacións encamiñadas a unha maior eficiencia enerxética, control e a calidade dos produtos pesqueiros ou a mellora das condicións de traballo.
No marco da convocatoria do pasado ano, a lonxa de Aguiño recibiu un investimento de máis de 90 mil euros para a instalación dun novo pavimento impermeable, substitución dos portais e pintado interior. A estas melloras súmase a recente instalación de paneis con fotografías realizadas por Luis Polo que retratan o traballo diario dos mariscadores.
Sen dúbida, un atractivo máis para facer potenciar esta lonxa como recurso turístico.