Listos 8.000 composteiros individuais para o rural pontevedrés

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra iniciará a primeiros de febreiro o despregue dos 8.000 composteiros individuais no rural pontevedrés. Esta mañá o vicepresidente da Deputación e o alcalde asinaron un convenio de colaboración coa Federación Rural Galega, que será a encargada de realizar o seguimento da compostaxe individual.

Pontevedra iniciará o vindeiro mes a campaña de compostaxe individual no rural. En total serán 8.000 composteiros que se distribuirán nas 15 parroquias ata maio de 2020. Comezará por Salcedo, Tomeza e Campañó.

O convenio asinado esta mañá está dotado con 400.000 euros e terá unha duración de 2 anos. Durante este tempo, a Fundación Rural de Galiza, FRUGA, será a encargada de dar a formación ós veciños e de facer un seguimento dos composteiros durante seis meses.

Con este paso adiante no que se refire á compostaxe, Pontevedra convértese na única cidade en condicións de cumprir as directrices en materia de residuos sólidos.

Tamén se segue a avanzar na compostaxe comunitaria ca instalación a partir de mañá de catro novos composteiros en Ponte Boleira, Camiño de Ferro e A Parda.