Nieves Rodríguez e Fran Castro realizan unhas visitas cruzadas reivindicativas e universais

Pontevedra> Un domingo máis chegaron ao Museo de Pontevedra as Visitas Cruzadas. Os protagonistas nesta ocasión foron a presentadora Nieves Rodríguez e o editor Fran Castro. Unha oportunidade única de descubrir dunha maneira diferente e divertida a arte deste centro da capital de provincia.

As doce en punto comezaron as visitas cruzadas protagonizadas, no domingo 22 de abril, pola presentadora Nieves Rodríguez e polo editor Fran Castro. Unhas visitas para as cales as reservas quedaron esgotadas en apenas 3 minutos, un feito que enchía de responsabilidade, máis se cabe, a estes guías por un día.

No caso de Nieves Rodríguez fixo una visita moi reivindicativa, vencellando as obras das que falou co mundo audiovisual, comezou polo rexionalismo de Fernando Álvarez de Sotomayor, seguiu por Uxío Souto para rematar con Leopoldo Novoa. Fran Castro pola súa banda comezou polos tesouros que agocha este Museo da época da prehistoria ata chegar a figura que para el define a arte, a de Castelao.

Unhas visitas que encandilaron aos asistentes, quenes valoran moi positivamente iniciativas destas características.

Este domingo 29 de abril pecharán o telón desta segunda edición das Visitas Cruzadas Margarida Ledo e Xacio Baño os interesados xa saben, dende presa e inscríbanse en gabinetedidactico.museo@depo.es