Preocupación e incerteza entre os pais e nais polo protocolo marcado para o vindeiro curso escolar

PONTEVEDRA> O malestar das Fanpas en relación ao protocolo anti Covid marcado pola Xunta é tamén palpable nas rúas da cidade. A meirande parte dos pontevedreses ven inviable que os rapaces máis pequenos utilicen a máscara nas aulas e critican a incerteza que hai en relación ao futuro dos comedores escolares.

Con incerteza e preocupación. Así é como viven os pontevedreses a situación de cara ao vindeiro curso escolar. Os pais e nais piden á Xunta que resolva canto antes todas as dúbidas que están aínda sobre a mesa. Por exemplo, se haberá ou non comedores escolares e Plan Madruga.

E se algo teñen claro os pais e nais pontevedreses é que o máis importante, nesta pandemia, é dar prioridade á sanidade e a educación.

Sobre a obrigatoriedade do uso de máscaras para os rapaces maiores de 6 anos, os pais cren que será una tarefa moi complicada.

Polo de agora e, a poucas semanas de que comecen as clases, quedan aínda moitas preguntas por resolver. Unha delas é se finalmente se poderá levar a cabo todo o curso escolar.