Arquivada a denuncia do PP contra o contrato de aluguer dos terreos da Canicouva para a planta de compostaxe

PONTEVEDRA> Arquivada a denuncia do Partido Popular de Pontevedra contra o contrato de aluguer dos terreos para a planta de compostaxe da Canicouva. A Fiscalía de delitos económicos tomou esta decisión ao dar por rematadas as pesquisas e non apreciar ningún delito. Hoxe o alcalde pontevedrés chamou cobardes aos populares por non facer pública esta decisión do Ministerio Público.

A Fiscalía non ve indicios de delito no contrato de aluguer dos terreos da Canicouva nos que o concello de Pontevedra quere construír a plata de compostaxe. Dá así por finalizadas as pesquisas e opta por arquivar a causa aberta trala denuncia do Partido Popular.

Tras coñecer esta decisión do Ministerio Público o alcalde pontevedrés criticou que o Partido Popular non fixera pública este arquivo. Como si fixo o seu líder, Rafa Domínguez, para anunciar a decisión de denunciar o contrato a finais do 2021.

Para Fernández Lores, a decisión do Partido Popular de presentar denuncias contra actuacións do concello entorpece a xestión municipal.

A Fiscalía tamén decidiu arquivar as denuncias que o Partido Popular presentara a título individual contra os edís responsables do lixo dende que se asinou o contrato coa comunidade de montes da Canicouva no 2015, Raimundo González e Carme da Silva.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí