A Rolda Leste xa están en licitación

Pontevedra> O proxecto da rolda leste en Pontevedra xa está en proceso de licitación na Deputación provincial. O concello deu a aprobación a estes traballos que finalmente terá un custe total de 3 millón 112 mil euros. Cesar Mosquera agarda poder comezar estas obras antes de que remate o ano. A Xunta de Goberno Local aprobou nesta semana as obras de construción da rolda leste. Unha obra moi importante para a cidade que uniría de maneira directa o nudo do Pino con Montecelo e Príncipe Felipe. Uns traballos que finalmente contará cun inestivmento maior, ascende en máis de 750 mil euros. Medio millón para as expropiacións e 250 mil euros máis para o proxecto da obra. Esta rolda leste na cidade xa se atopa en proceso de licitación Dende a Deputación agardan poder comezar estes traballos antes de que remate o ano. O concelleiro César Mosquera tamén informou esta mañá dun informe desfaborable do concello de Pontevedra en relación a desafección que dende A Pontesa solicitan para Costas. O obxectivo da administración local é contar con este espazo para un mellor desenvolvemento do río Verduxo e non permitir ningún tipo de uso nesta antiga fábrica.