Adxudican a nova depuradora do polígono de Barro-Meis por un millón de euros

PONTEVEDRA> Adxudicada a nova depuradora do polígono Barro-Meis por un millón de euros. nunha xunta de goberno extraordinaria, a Deputación de Pontevedra decidiu dar este paso para avanzar na dotación de servizos da zona industrial, no que xa hai empresas traballando. A obra ten un prazo máximo de execución de 9 meses.

 

En sesión extraordinaria da Xunta de Goberno, a Deputación pontevedresa adxudicou o contrato de redacción do proxecto e execución da obra da depuradora do polígono Barro-Meis. Os traballos terán que estar rematados nun prazo máximo de 9 meses, e contan cun orzamento de 1 millón de euros.

Deste xeito, o goberno provincial avanza na dotación de servizos da zona industrial, algo que a presidenta cualificou como fundamental.

Na rolda de prensa posterior á xunta de goberno, Carmela Silva tamén se referiu ao novo sistema que está a pór en marcha o seu executivo que, asegurou, está a ter unha gran acollida por parte dos concellos.

A súa intención é contar coa axuda dos concellos para pór en marcha o novo convenio de axudas para a compra de material deportivo. Silva pedirá aos gobernos locais que informen da súa existencia aos clubs dos seus municipios.

A súa intención é reunirse cos 62 alcaldes da provincia, pero por carta xa lles comunicou que teñen á súa disposición un servizo de anticipos da Deputación, no que poder solicitar préstamos, e que xa están publicadas as bases para acceder aos Fondos Feder. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/25/xunta_goberno_depo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/25/xunta_goberno_depo.mp4{/flowplayer}