O Museo Valle-Inclán amplía os seus fondos con obxectos persoais do escritor

POBRA> O Museo Valle-Inclán da Pobra vén de aumentar a súa colección de fondos grazas ó depósito de obxectos persoais do autor realizado polos seus familiares. Os visitantes que a partir de agora se acheguen ata o Museo Valle-Inclán da Pobra poderán afondar, non só na obra, senón tamén na vida do ilustre escritor.

O seu neto, Joaquín del Valle-Inclán, vén de ceder unha serie de obxectos persoais ó centro para a súa exposición e conservación.

Entre os obxectos depositados destacan, por exemplo, diveros vestiario, as máscaras que Valle trouxo da súa viaxe a México ou mesmo o baleirado anatómico da man do escritor realizado por Francisco Asorey tralo seu falecemento.

Coa incorporación dos novos fondos, o museo pobrense continúa a avanzar na especialización do centro como un dos principais referentes á hora de coñecer a figura de Valle.