Ribeira destinará unha patrulla especial ó control do cumprimento das medidas na hostalería

RIBEIRA> O concello de Ribeira reforzará a vixilancia para velar poloo cumprimento das normas sanitarias ante a próxima reapertura da hostalería. Dá así resposta a unha demanda da asociación de empresarios do municipio que busca apoiar ó sector para que poidan traballar con normalidade.

Concello e patronal comparten unha preocupación de cara á reapertura da hostalería que podería comezar gradualmente a partir da próxima semana. Non é outra que velar polo cumprimento das  normas para que os hostaleiros poidan traballar con normalidade. Por esta razón, o concello destinará unha patrulla especial a controlar que tanto os clientes como os responsables dos establecementos cumpren con tódalas medidas de precaución.

Non é esta a única medida que propoñen os empresarios para minimizar os contaxios e afianzar a tendencia descendente na comarca. Xa lle trasladaron ó concello, que á súa vez púxoo en coñecemento das autoridades sanitarias, a posibilidade de establecer peches por concellos ou mesmo comarcais de cara á Semana Santa ou outras pontes festivas para evitar novos peches para a hostalería e comercio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí