Ribeira volveu homenaxear a Ana Peleteiro tralo seu ouro nos Europeos

RIBEIRA>  A atleta foi recibida onte pola noite en olor de multitudes na praza do Concello.

A expresión de que ninguén é profeta na súa terra non se cumpre con Ana Peleteiro. A atleta volveu ateigar onte pola noite a praza do Concello. Familiares, amigos e veciños en xeral non quixeron perderse a oportunidade de estar preto dela e agradecerlle o feito de que leve o nome da cidade por todo o mundo, poñendo a Ribeira en letras grandes e de ouro, como o metal conseguido nos Campionatos de Europa de Pista Cuberta celebrados recentemente en Glasgow.

A homenaxe volveu partir do Concello coma recoñecemento ó importante logro acadado. De seguro quedarán moitos e mellores capítulos por escribir no historial desta xoven atleta, hoxe xa historia non só do atletismo nacional senón tamén continental.

Comments are closed.