Listas as bases para a concesión de 23 postos no primeiro andar do Mercado

PONTEVEDRA> Xa están listas as bases para a concesión dos postos do primeiro andar do Mercado. Saíran publicadas no Boletín Oficial da provincia a vindeira semana e dende ese momento os interesados terán 30 días hábiles para presentar as súas ofertas para acceder á concesión dalgún dos 23 espazos dispoñibles.

A solicitude dos postos do primeiro andar do Mercado de Abastos poderá facerse dende a vindeira semana. A partir da publicación das bases no Boletín Oficial de Pontevedra, os interesados disporán de 30 días hábiles para presentar as ofertas.

Os espazos diferéncianse en tres tipos segundo a situación e o canon que vaian pagar, e que oscilan entre os 301 e 357 euros. Nos pregos se fíxase a valoración da solvencia económica da oferta entre 0 e 51 puntos, e o proxecto comercial entre 0 e 49 puntos.

Os adxudicatarios recibirán un título habilitante por un ano coa posibilidade de prórroga por catro máis. Dende a data de resolución, dez días despois do remate do prazo de solicitude, terán un mes para decorar ou obrar no posto. O concello resolverá calquera dúbida sobre as bases e o proceso de solicitude.

Serán os novos concesionarios os encargados da limpeza das instalacións. Os horarios de apertura do primeiro andar do Mercado será de 06.00 a 22.00 horas durante a semana, e ata as 23.30 horas na fin de semana.