RIBEIRA> Un xurado popular será o encargado de xulgar a José Enqrique Abuín ‘O Chicle’ polos delitos de homicidio ou asasinato, detención ilegal e e contra a liberdade sexual. Así o vén de acordar o Xulgado de Instrución Número 1 de Ribeira que citou ó imputado para este venres día catro a mediodía co fin de comunicarlle a incoación deste procedemento. Dende o seu ingreso en prisión a principios de ano, ‘O Chicle’ negouse a prestar declaración sobre as circunstancias que rodearon a desaparición e morte de Diana Quer. A pesar de que tentou incriminar á súa muller, segundo se desprende de varias cartas que enviou á familia, continúa a ser o único e principal sospeitoso do caso.
Inicio BARBANZA