RIBEIRA> A alcaldesa María Sampedro anunciou a adxudicación do proxecto de restauración e posta en valor do lavadoiro da Penisqueira, na parroquia de Aguiño.
A actuación, cun orzamento de máis de 48 mil euros, enmárcase no Plan de Sostinibilidade Turística en Destino, ten coma finalidade poñer en valor un espazo privilexiado cun alto valor turístico e patrimonial, que se atopa hoxe en día moi deteriorado.
A obra contempla tamén a execución dunha zona de mirador mediante a instalación dun pequeno banco de pedra, habilitándose tamén un sendeiro cara o lavadoiro.











