A atención primaria en horas baixas no Salnés

VILAGARCÍA> Levamos días falando das denuncias do colectivo de enfermeiras e enfermeiros, do de médicos e mesmo a opinión dalgúns pacientes que se mostran contrariados ante, o que a seu xuízo é o desmantelamento do sistema público sanitario. A voceira da Plataforma SOS Sanidade Pública Salnés recoñeceu a cámara de esta casa que ao final co paso do tempo estase a confirmar o que xa levan denunciando hai meses, o desmantelamento do sistema.
A semana pasada eran os profesionais de enfermería os que reclamaban unha cota máximo de pacientes por profesional, a Illa e Ribadumia non teñen un servizo de pediatría de xeito permanente, Cambados critican o peche de todas as consulta en horario de tarde, e un médico en Meaño denunciaba atender ata 76 pacientes por día. Ademais as portas do centro de saúde de San Roque un ir e vir diarios que se queixan das longas esperas e da falta de facultativos para toda a demanda existente. Esta mañá a voceira da Plataforma SOS Sanidade Pública Salnés, Rosa Casal, recoñecía que estes feitos non fan máis que apoiar a tese que levan mantendo dende hai meses dende a plataforma.
Casal sinala que todos estes problemas, teñen unha raíz clara que emana dos recortes en materia sanitaria, e sinala que se está privatizando este servizo cidadá.
Dende a plataforma sinalan que estes serán meses de moito traballo para continuar visibilizando as carencias, coas que a seu xuízo, teñen que traballar os profesionais da sanidade cada día. Unhas carencias, que segundo afirma esta traballadora do Hospital do Salnés non fan máis que ralentizar e empeorar un servizo tan necesario para a cidadanía.