A catalana Montserrat Fontanet, premio Lola Torres de Gastronomía 2013

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/09/LOLATORRES.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/09/PREMIO_LOLA_TORRES_2013.mp4{/flowplayer} O GROVE> Este mércores o xurado deu a coñecer o fallo, co que recoñecen a traxectoria e bo facer culinario desta cociñeira catalana e dos seus tres fillos, declarados os mellores cociñeiros do mundo pola lista 50 best. O 13 de abril de 1967, hai 46 anos, nace a historia do Can Roca, un restaurante hoxe en día á vangarda da cociña catalana, pero que comezou como un pequeno negocio familiar de subsistencia. Á súa fronte, Montserrat Fontanet Serra, novo premio Lola Torres de gastronomía, e o seu marido, que botaron a andar a casa de comidas coa fin de darlles un futuro ós seus fillos. E fixérono. Joan Josep e Jordi Roca traballan hoxe en día man a man coa súa nai co título de mellores cociñeiros do mundo pola lista 50 best. A día de hoxe o Can Roca ten entre as súas distincións o nomeamento de mellor restaurante do mundo. Alí, ós seus 77 anos, segue Montserrat Fontanet, cociñando para 180 comensais diarios. Montserrat Fontanet foi seleccionada entre as 116 propostas que este ano recibiu o xurado do Premio Nacional de Gastronomía Lola Torres, a súa meirande parte de Madrid, Euskadi e Cataluña. A proposta gañadora foi presentada pola patronal das micro, pequenas e medianas empresas de Cataluña, a Pimec Turisme.